O vindeiro mércores 16 de maio, durante a semana cultural do noso IES
asistiremos á estrea desta obra de teatro baseada no filme iraniano, “A
fonte das mulleres”, inspirado á súa vez na comedia grega “Lisístrata”,
de Aristófanes.
O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo propón realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia
0 comentarios:
Publicar un comentario