Un microrrelato é unha historia mínima, caracterizada pola intensidade expresiva e que simplemente precisa dunhas poucas liñas para ser contada.
Algunhas das súas características son:
- Textos moi breves
- Estilo “ económico “, prosa concisa, fuxindo de adornos e artificios.
- Brevidade temporal, escenario único ou inexistente.
- Poucos personaxes.
- Imprescindible un título mínimo e que desvela algo importante.
- Descricións e explicacións mínimas.
- Fuxir dos tópicos Finais sorprendentes
Neste curso 2017/18, dentro das actividades encadradas dentro do Plan proxecta levouse a cabo no noso centro un concurso de microrrelatos, en colaboración co Departamento de Lingua galega e o equipo ENDL. O concurso estaba dirixido ao alumnado de 3º ESO.
Os relatos tiñan que cumprir as seguintes características (ademáis das anteriores):
- Levar título.
- Non sobrepasar as 100 palabras ( sen incluír a frase de inicio).
- Os temas posibles eran: IGUALDADE, A DISCRIMINACIÓN, OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO E A CONVIVENCIA.
Os posibles inicios dos relatos eran:
- A XAN O CALDO SAÍALLE MELLOR CADA DÍA…
- OLLOU CUN SORRISO AO ENFERMEIRO QUE LLE QUITABA O SANGUE…
- MENTRES SUBÍA AO TRACTOR XOANA ASUBÍABA UNHA MELODÍA…
- ESTE VEO AXUDARAME A VER A LUZ…
- ÍA CADA SEMANA AO SALÓN DE PEITEADO…
- SOÑABA CON SER DIPLOMÁTICA E ALEITAR OS FILLOS…
- E MENTRES TANTO PATEXAREI…
Adxudicábese un único premio que conseguiu a alumna Sarai Rial Suárez co seguinte microrrelato
Mamá xa non facía todo…
A Xan, o meu irmán pequeno, o caldo saíalle cada vez mellor, mais era díficil conciencialo de que debía facer a comida, pasar o ferro e poñer a lavadora desde que mamá xa non estaba.
Resultáballe estraño e custoso ter que facer tres daquelas tantas tarefas que mamá facía a diario. Pero máis estraño lle parecía que papá levase toda a vida dicíndolle que non era traballo ningún manter a casa, criarnos, exercer o seu traballo e a maiores facerse cargo do pequeno que levaba dentro. Igual esa era a razón pola que mamá non aparecía pola casa desde había varios meses.
Estes foron outros relatos finalistas:
Título | Soños |
E mentras tanto patexarei, por todos
os dereitos que durante centos de anos lles foron prohibidos ou negados ás
mulleres.
Agora eu soño con
poder ser política, e apostar por unha igualdade en que toda persoa poida
chegar a ser todo o que se prpoña, sen ningún tipo de impedimento.
Estas
ideas que rondan pola miña mente foron colleitadas e traballadas pola miña
avoa.Ela sempre quixera estudar, pero o seu pai nunca lle dera o seu
beneplácito. Así que, agora si, agora é o noso momento, por ela e por min,
polos nosos devanceiros e tamén polos que viran. |
|
Autor | Martín Quintáns Rojo 3º ESO |
Título | O currículum perfecto |
Soñaba con ser diplomática e aleitar os seus fillos na embaixada. Estudou Dereito, aprobou a oposición na escola
diplomática e cos anos foi ascendendo a diferentes postos.
Porén, os máximos
reponsables consideraron que o cargo sería un impedimento para cumprir
satisfactoriamente a súa función de nai. Coidar as relacións entre países non
debía ser compatible coa educación dos fillos/as.
Arestora, non é
embaixadora pero vive na embaixada.
O
seu marido tiña o currículum perfecto… |
|
Autor | Teresa Cousillas Lema 3º ESO |
0 comentarios:
Publicar un comentario