A curtametraxe "A nena azul", dirixida por Sandra Sánchez, filmada na
Costa da Morte e galardoada co premio Luisa Villalta de Proxectos
Culturais pola Igualdade, chegou ao noso centro o luns, 4 de xuño. A
directora, xunto coa directora de fotografía, Lucía C. Pan, viñeron
presentar a súa obra e posteriormente tivemos un animado coloquio con
elas a propósito da protagonista, Sira, unha nena de 8 anos así como da
falta de igualdade no mundo do cinema ou a forma como se presentan os
personaxes femininos.
Esta sesión foi unha sorte de bis que nos ofreceron moi amablemente, tras pasar polo IES Terra de Soneira de Vimianzo, o IES Fin do Camiño, o Ramón Caamaño e Pedra da Aguia.
Sandra Sánchez y Lucía C. Pan son as únicas mulleres até de agora recoñecidas co Mestre Mateo nas categorías de mellor dirección e mellor dirección de fotografía, respectivamente.