Amosando publicacións coa etiqueta Historia e Filosofía+Mestras da vida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Historia e Filosofía+Mestras da vida. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de abril de 2018

MARÍA BARBEITO, UN BIOPIC DA FILÓSOFA GALEGA

María Barbeito (A Coruña, 1880-1970)
Pioneira da renovación pedagóxica


É educada dende pequena nun ambiente liberal e culto e obtén o título de Mestra Superior aos 16 anos. Aproba as oposicións co número un da súa promoción en 1901 obtendo praza na súa cidade natal onde exercerá a docencia ata 1936 ano no que é “depurada” por razóns políticas. Ao novo réxime franquista non lle gustaban as súas ideas republicanas dunha escola única, pública e aconfesional, promovendo a educación de ambos sexos e na que tivera presenza a lingua galega.

Foi discípula e devota seguidora da penalista Concepción Arenal e amiga da educadora María de Maeztu, á que tivo honor de recibir en A Coruña. Tamén recibiu na súa cidade de nacemento ao escritor Federico García Lorca, en 1932, que tiña expresado o desexo de coñecela persoalmente sabedor do prestixio adquirido por esta galega pioneira na renovación educativa, na defensa dos dereitos das mulleres, na xustiza, na liberdade, e no progreso e cun gran sentido social nas obras de beneficencia atendendo ao benestar de nenos e nenas na seguridade de que a mellora nas condicións de vida redundaría no seu desenvolvemento mental e apoiando as necesidades básicas (alimento e abrigo, defensa, traballo solidario, descanso e xogo).

Consciente de que para afondar na reforma educativa que tentaba poñer en marcha era de vital importancia a comunicación con outros pedagogos non só de España senón tamén doutros países en 1935 visitou Francia, Bélxica, Italia, Holanda Suíza... Todas esas vivencias, sensacións e novos conceptos pedagóxicos quedaron plasmados na súa obra “Paises y Escuelas” onde realiza unha critica das prácticas pedagóxicas observadas avogando por unha educación gratuíta e obrigatoria, democrática e activa e con presenza no curriculum da música e da ximnasia rítmica.

Profesional e humana concedía gran importancia ás relacións persoais e o diálogo, a cordialidade o respecto e o compañeirismo presidiron o seu traballo na comunidade educativa onde defendeu firmemente os dereitos das mulleres e traballou pola súa emancipación social, cultural e profesional. 


Uxía Pastoriza Lema, Rodrigo Grille Zayas e Manuel Rodríguez Rojo. (Alumnado de Valores Éticos de 4ª de E.S.O.)
Share:

xoves, 12 de abril de 2018

EXPOSICIÓN DA SEMANA DA MULLER TRABALLADORA: ÁLBUM MULLERES, DE ISABEL RUIZ RUIZ

Ademais dun seguimento irregular da folga convocada para a xornada do 8 de maio por parte das profesoras do claustro do noso centro, desde a biblioteca fixemos durante eses días a exposición “Son mulleres, somos mulleres...”, cunha escolma de imaxes e biografías de mulleres aparecidas no álbum MUJERES de Isabel Ruiz Ruiz.

Aquí fixemos unha pequena escolma, pero vos animamos a descubrir este fermoso álbum en feminino plural.

CONCEPCIÓN ARENAL (1820-1893)

ALICE GUY-BLACHÉ (1873-1968)

CLARA CAMPOAMOR (1888-1972)

MARÍA MONTESSORI (1870-1952)

ANGELA DAVIS (1944)

GLORIA FUERTES (1917-1998)

Share: